Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A15 A17 A20 A36 A37 C2 C3 C5 C6 C8 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
Traballos tutelados A3 A5 A32 A33 A34 A35 C1 C4 C7 A ponderación da memoria: con carácter orientativo, que deberá ser concretado por cada titor ou titora da Universidade, a ponderación dos diferentes apartados da memoria do practicum será a seguinte:

-Aspectos formais: presentación, orde, claridade, índice, bibliografía considerados ao longo de todos os apartados: 10%
-Descripción do funcionamento do centro/aula: 25%,
-Proposta didáctica: 35%,
-Reflexión persoal: 30%
50
 
Observacións avaliación

A avaliación
das prácticas corresponde ao profesorado que titorizou este período de
formación.

A cualificación das prácticas poderá
ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e
sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a
cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da
Universidade.

Para superar
as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de
non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte
non superada.

Na segunda oportunidade de
avaliación:

 - A memoria
pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira
oportunidades terá a ocasión de mellorala para a segunda.

- As practicas
non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira
oportunidade, mantense para a segunda.

A revisión, que se fará diante do
profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a
cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro
soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de
avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes