Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Estudo de casos Análise de casos prácticos presentados polo docente.
Lecturas Lectura de material bibliográfico e da web e busca e selección de información sobre situacións e estratexias didácticas.
Análise de fontes documentais Análise de bibliografía e materiais didácticos da especialidade.
Simulación SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTO:
O alumnado debe partir dun problema e seguir todas fases do método, desde o punto de vista do profesor e desde o punto de vista do alumno.
Como profesor:
Define claramente a proposta que debe incluír a súa intencionalidade ou xustificación, así como nivel académico, momento temporal no curso, unidade/s didácticas relacionadas, competencias a desenvolver, metodoloxía de traballo, agrupamentos e criterios seguidos para o establecemento dos mesmos, necesidades organizativas (material, ferramenta,...) e previsión das dificultades para o alumnado.

Como alumno:
Elabora o anteproxecto, presentando un informe.
Realiza a súa construción, presentando o prototipo e o diario de taller.
Realiza a avaliación e elabora a memoria do prototipo.

• A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. OS PLANOS ENTREGARANSE EN PDF.
• REALIZARASE DURANTE O TEMPO DE DESENVOLVEMENTO DO MÓDULO E SERÁ TITORIZADO ALOMENOS UNHA VEZ POLA DOCENTE
• DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE
• O PROTOTIPO DEBE ENTREGARSE NA AULA EXPOÑENDO A IDEA E O PROCESO SEGUIDO, PARA O QUE CONTARÁ CADA ALUMNO CON 5-10 MINUTOS



Saídas de campo Esta actividade realizarase en dúas fases:
A primeira en grande grupo na que se realizará unha visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico.
A segunda en pequeno grupo, 3 ou 4 alumnos, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Na que se estudarán os aspectos didácticos da actividade. Elaborando un informe no que se inclúan os seguintes apartados:
1. Índice paxinado
2. Intencionalidade da proposta
3. Fundamentación teórica que xustifique a metodoloxía empregada na proposta (dividida en partes por cada membro do equipo, de xeito que cada un estude un aspecto diferente e se chegue a unha fundamentación final)
4. Proposta didáctica na que se contemplen actividades previas, a propia visita e actividades posteriores á visita (dividida segundo os membros do equipo)
5. Conclusións individuais de cada membro do equipo e conclusión grupal.
6. Referencias bibliográficas
7. Anexo. Avaliación do traballo do grupo no que se reflicta claramente as responsabilidades de cada membro.
• REALIZARASE POSTERIORMENTE Á VISITA REALIZADA , DURANTE O TEMPO DE DESENVOLVEMENTO DO MÓDULO, APROVEITANDO AS SESIÓNS DESTE PARA FACER COMENTARIOS SOBRE OS PROGRESOS E PROBLEMAS NA SÚA ELABORACIÓN. NON SENDO AVALIADO NINGÚN TRABALLO QUE NON FOSE TITORIZADO PREVIAMENTE POLA DOCENTE.
• CADA ESTUDANTE TERÁ PARTICIPACIÓN EN TODOS OS APARTADOS
• A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 6 PÁXINAS MÁXIMO E 4 PÁXINAS MÍNIMO POR MEMBRO DO GRUPO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF.
• DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE

Discusión dirixida Servirá como contraste da avaliación das distintas actividades.
Cada alumno deberá presentar aos compañeiros os traballos realizados e se comentarán as distintas metodoloxías propostas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes