Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía Código 652602E1I2
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Esta materia pretende achegar os actuáis recursos de innovación educativa aos futuros docentes así como introducir as novas tecnoloxías e aplicacións coas que elaborar e desenvolver materiais didácticos na aula.
Plan de continxencia 1. Modificación nos contidos Non hai modificación. 2. Metodoloxías • Metodoloxías que se manteñen Traballos tutelados Foro virtual Estudo de casos Lecturas • Metodoloxías docentes que se modifican Modifícanse as seguintes metodoloxías: Discusión dirixida Discusión realizada a través da plataforma Teams ou calquera outra ferramenta telemática. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado TEAMS, MOODLE, EMAIL , QUICKMAIL Calquera destas ferramentas adaptándoa ás necesidades de orientación do alumnado. 4. Modificación na avaliación Observacións de avaliación: Decae la asistencia obligatoria a las sesiones presenciales. 1. Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traballos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5). 2. O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou non se tivera presentado, realizará por vía telemática (a través de Teams e/ou Moodle) unha proba escrita sobre os contidos traballados: - No foro virtual - Nos traballos tutelados - Na discusión dirixida. Importante Os contidos de todos os traballos tutelados realizados serán obxecto da avaliación, xa que todo alumno debe participar neles a través do foro virtual e da discusión dirixida. Ademais todos eles serán publicados pola docente na aula virtual e estarán a disposición dos estudantes. A cualificación final da 2ª oportunidade será a media aritmética da proba escrita e do conxunto dos traballos presentados, sendo requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes. A cualificación dos traballos presentados obterase coa mesma ponderación que na primeira oportunidade. O alumnado con dispensa académica deberá, a maiores, realizar unhas actividades deseñadas polo/la docente que debe de entregar no prazo que se lle comunique e acorde co/a docente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes