Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos polo profesor abordando.
O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes:
1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado,
2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso (incluirá: contexto educativo, actividades didácticas e produto final que se pretende acadar, facendo especial mención á metodoloxía e o tipo de interacción entre o alumnado, así como as competencias que se pretenden desenvolver)
3. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía, no que describirá e xustificará o emprego da metodoloxía elixida, se deseñarán as actividades didácticas e as competencias que se pretenden desenvolver.
4. conclusións finais que relacionen o proxecto deseñado coa fundamentación desenvolvida.
Non se valorará que se describa a ferramenta TIC empregada nin se terá en conta o espazo ocupado no mesmo.
6. referencias bibliográficas
Características:
- cada apartado contará coa súa correspondente introducción
- será comentada e titorizada pola docente alomenos dúas veces durante o desenvolvemento do módulo, non realizándose titorizacións unha vez rematado o mesmo
- a extensión do traballo será de 12 páxinas mínimo e 18 máximo para grupos de 3 e de 16 páxinas mínimo e 24 máximo para grupos de 4. En DINA4, impresas en arial 11 a dobre espazo e marxes a 2 cm. Formato Word e pdf, evitando odt.
-entregarase na aula virtual no curso correspondente á asignatura

Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Foro virtual Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas para a discusión dirixida.
Discusión dirixida Actividade a realizar como síntese, despois da realización e entrega dos traballos tutelados.
Realizarase unha posta en común e discusión, guiada polo docente, por parte dos distintos grupos sobre os traballos realizados.
Servirá como retroalimentación das aprendizaxes.
Estudo de casos Análise de proxectos de innovación que se estean poñendo en práctica na actualidade, de cara á realización dos traballos tutelados, da participación nos foros e á discusión dirixida.
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes