Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Subjects
  Teaching Methology, Syllabuses and School Organisation
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Establécense unha serie de documentos (textuais, audovisuais, etc.) de revisión obrigatoria (consúltense Fontes de Información) que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá estar en capacidade de realizar a súa análise en pequeno grupo e grupo-aula. Ditas lecturas terán como obxectivo promover e incentivar a reflexión en torno aos procesos educativos escolares e a súas implicacións prácticas e aplicadas no contexto do centro educativo e no contexto aula.

Student portfolio Durante o transcurso da materia proporanse algunhas actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado fóra da aula. Para esta elaboración atenderase ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.

O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que, ademais de enmarcar os mencionados documentos de síntese das mencionadas actividades de aula, incorpore un diario de aula (con entradas de elaboración individual) e unhas valoracións finais. As reflexións que nos apartados se integren deberán estar fundamentadas e argumentadas nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. O portafolios desenvolverase fundamentalmente en periodos non presenciais e mediante o traballo autónomo do alumnado. A través da atención personalizada da profesora, os diferentes grupos, ben en sesións interactivas específicas, ben en titorías, recibirán indicacións concretas para a realización. O portafolios resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñible para a súa consulta na plataforma Moodle.
Mixed objective/subjective test A proba mixta constituirá unha actividade final a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións relacionadas coa totalidade de contidos tratados ao longo da materia.

Guest lecture / keynote speech Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes