Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Subjects
  Teaching Methology, Syllabuses and School Organisation
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Educational innovation/652601E11
Practicum/652601106
Final Dissertation/652601107

Other comments
  • Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa Alfabetización Informacional -ALFIN- e a curación e produción de contidos dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro Traballo Fin de Mestrado (TFM).
  • Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Ante a incorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuración autonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no 2018/2019, na materia de Didáctica, Currículo e Organización Escolar tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre a violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debido a isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar a perspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar a manifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloración por razón de xénero no contexto desta materia. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes