Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Atención á diversidade na educación física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os estudantes farán unha procura de documentos bibliográficos actualizados (libros, artigos, textos lexislativos, referencias web, etc) que dalgún modo estean vinculados cos contidos específicos da materia. Posteriormente, procederase á súa análise e discusión.
Estudo de casos Presentarase caso simulado dunha persoa ou colectivo con necesidades de diversificación e, a partir de aí, o estudante terá que ser capaz de planificar un deseño completo de actuación en educación física, considerando todos aqueles factores que inflúen na devandita programación.
Discusión dirixida Con este tipo de metodoloxía, os estudantes reuniranse en grupos discutindo de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, proposto polo profesorado ou por eles mesmos, que poida resultar relevante para a materia. Aproveitarase a ocasión para constrastar diferentes puntos de vista. O profesorado actuará como moderador.
Sesión maxistral As sesións maxistrais reservaranse para facer intervencións puntuais por parte do docente, de forma oral e con apoio audiovisual, co fin de ampliar coñecementos específicos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes