Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Subjects
  Attention to the diversity in the physical education
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Os estudantes farán unha procura de documentos bibliográficos actualizados (libros, artigos, textos lexislativos, referencias web, etc) que dalgún modo estean vinculados cos contidos específicos da materia. Posteriormente, procederase á súa análise e discusión.
Case study Presentarase caso simulado dunha persoa ou colectivo con necesidades de diversificación e, a partir de aí, o estudante terá que ser capaz de planificar un deseño completo de actuación en educación física, considerando todos aqueles factores que inflúen na devandita programación.
Directed discussion Con este tipo de metodoloxía, os estudantes reuniranse en grupos discutindo de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, proposto polo profesorado ou por eles mesmos, que poida resultar relevante para a materia. Aproveitarase a ocasión para constrastar diferentes puntos de vista. O profesorado actuará como moderador.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais reservaranse para facer intervencións puntuais por parte do docente, de forma oral e con apoio audiovisual, co fin de ampliar coñecementos específicos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes