Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Aprendizaxe na educación física baseado en competencias
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Traballos en pequeno grupo sobre a aplicación do ensino baseado en competencias ao deseño e posterior exposición dun proxecto de intervención interdisciplinar/integrado baseado na Educación Física.
Prácticas clínicas Representación de diferentes roles no desenvolvemento de sesións de microenseñanza, nas que se realizarán clases de educación física para grupos de alumnos da ESO/Bacharelato/FP nas que os alumnos adoptarán de forma rotatoria os seguintes roles: profesor, alumno ou observador externo e evaluador da práctica.
Este apartado avaliarase de forma conxunta co de "práctica de actividade física".
Presentación oral Exposición pública dos traballos elaborados na metodoloxía de "aprendizaxe colaborativa" ao resto dos grupos, avaliándose principalmente a capacidade de comunicación, argumentación e defensa dos diferentes apartados do traballo presentado.
Valorarase de forma moi relacionada co traballo presentado.
Sesión maxistral Sesións teórico-prácticas de procura de información sobre ensino baseado en competencias, achega de información por parte dos profesores, discusión e elaboración en pequeno grupo de propostas de intervención práctica.
Práctica de actividade física Participación activa e colaboración no desenvolvemento das sesións prácticas, fundamentais para a realización das microsesiones de E/A, asumindo o rol ou tipoloxía de alumno que corresponda en cada caso.
Esta avaliación realizaraa o profesor da materia por medio dun proceso de observación directa durante as sesións.
Análise de fontes documentais Análise e discusión de documentos, tanto de bibliografía de consulta como de consulta on-line, necesarios para o desenvolvemento da materia e a elaboración das propostas prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes