Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Innovación docente
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia, introdución das fontes de información, descrición das tarefas e os requerimentos de avaliación. Coñecemento dos intereses do estudantado con respecto á innovación.
Análise de fontes documentais Presentación dos documentos en múltiples formatos e comprensión e análise dos seus contidos.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequeno grupo e posta en común para contrastar puntos de vista sobre oa información extraída das fontes documentais e realización do resumo analítico a ser tido en conta no deseño da proposta de innovación
Presentación oral Realización na clase dunha das actividades que forman parte da proposta de innovación elaborada no traballo tutelado con participación obrigatoria de todo o alumnado tanto na presentación da experiencia de cada grupo como na recepción do resto das experiencias.
Traballos tutelados Traballo en grupo que implica o deseño dunha proposta de innovación semellante á da modalidade de proxecto integrado do Trabajo de Fin de Mestrado. Terá unha parte de realización en equipo e outra individual. A estrutura do traballo así como os criterios de avaluación específicos serán presentados na clase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes