Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física Código 652603E1I3
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Web
Descrición xeral A proliferación de propostas de innovación educativa na área de Educación Física nos últimos anos non foi un proceso ordenado e sistemático, senón máis ben un conxunto de respostas heteroxéneas a problemas xurdidos na práctica docente. É necesario reflexionar sobre este proceso e desenvolver criterios para analizar e valorar ditas propostas. A relación entre investigación educativa e innovación docente non está a xerar os resultados esperados. Isto dificulta o desenvolvemento de prácticas fundamentadas en teorías científicas e tamén a valoración da efectividade das innovacións para solucionar os problemas da aula. É necesario desenvolver vías de comunicación entre a teoría e a práctica, achegando os roles de investigador e docente para aproveitar as sinerxias existentes. Nesta materia ofrécense referencias para analizar as experiencias de innovación e as investigacións educativas na área de Educación Física. Descríbense algúns proxectos que, polo seu valor ejemplificante poden ser cualificados como “boas prácticas” representativas de liñas de innovación desenvolvidas na área. Tamén se pretende que os alumnos poidan deseñar e xustificar as súas propias propostas de innovación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéranse todas as metodoloxías vinculadas ao traballo autónomo do alumno e docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías que fan referencia á presencialidade serán sustiuídas por metodoloxías de ensinanza non presencial 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Para a realización de tutorías utilizarase o correo electrónico ou a plataforma TEAMS no caso de facer videotutorías. 4. Modificacións na avaliación Para o alumnado con dispensa académica ou aquel que faltase a máis do 80% das clases a proba correspondente ao examen final da materia realizarase vía online, a través dun examen oral ou tipo test na aplicación moodle. O resto de instrumentos e criterios de avaliación manterase. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes