Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do docente, dos contidos da materia relacionados cos proxectos de innovación e a investigación. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse un proxecto innovador de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

O docente especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Aprendizaxe colaborativa Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Discusión dirixida Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso.
Práctica de actividade física Realizaranse sesións de actividade física para poñer en práctica os coñecementos teóricos sobre propostas innovadoras en Educación Física.
Análise de fontes documentais Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes