Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 "Proxecto de innovación en EF": Este traballo consiste en deseñar e xustificar un proxecto de innovación educativa na área de Educación Física, dirixido a poboacións de Educación Secundaria e/ou Bacharelato . As características que debe cumprir este traballo atópanse detalladas no anexo 1 (Campus Virtual UDC). 50
Aprendizaxe colaborativa A21 A22 A26 A27 C6 C8 Ao longo do curso, os grupos formados na primeira sesión teñen que resolver tarefas breves, que poden concretarse en documentación a entregar ou a expoñer. 40
Presentación oral A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 Os grupos formados na primeira sesión terán que realizar unha presentación oral en formato do seu proxecto de innovación en Ed. Fís. 10
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.  

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. 

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes