Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Aprendizaxe e Ensino da Historia e as Ciencias Sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Actividades que se realizarán ao longo da materia onde se analizarán diferentes fontes documentais. Fundamentalmente artigos de investigación sobre Historia e a súa función social, Didáctica da Historia e as Ciencias Sociais desde unha perspectiva crítica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, consistirá na formulación e desenvolvemento dunha investigación ou innovación propia do campo da Didáctica da Historia e das Ciencias Sociais.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupo de forma colaborativa coa axuda do profesor orientada fundamentalmente ao desenvolvemento do traballo tutelado.
Discusión dirixida Reflexión e discusión en grupo, coa axuda do profesor, orientada fundamentalmente á comprensión da materia e a súa natureza e potencialidades.
Presentación oral Como resultado do traballo tutelado presentarase na aula os obxectivos e resultados principais do mesmo.
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. Tendo en conta que esta materia se vai impartir seguindo un modelo híbrido, existe a posibilidade de que estas sesións maxistrais sexan gravadas e postas a disposición do alumnado a través da Moodle da materia, dependendo do contexto sanitario provocado pola COVID-19.
Actividades iniciais Metolodoxía centrada en familiarizar ao alumnado coa aprendizaxe e ensino da Historia e as Ciencias Sociais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes