Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Aprendizaxe e Ensino da Historia e as Ciencias Sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A12 A13 A14 B1 C1 C4 C7 Analizarase criticamente e reflexionarase sobre documentación repartida na aula. 10
Traballos tutelados A1 A8 A9 A19 B3 B4 C3 C6 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A8 A11 A12 A14 B5 B2 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 20
Discusión dirixida A12 A13 A14 A19 B8 C4 C7 Os textos e temas que se traballen na aula serán obxecto, puntualmente, de discusión dirixida na aula. facilitando a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de profesor/a. 15
Presentación oral A19 B3 C1 C4 C6 C7 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 15
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e dedicación á materia tanto na aula como fóra da mesma. Aquel alumnado que non supere a avaliación contínua, a partir das metodoloxías presentes na materia, terá que superar unha proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes