Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa nas Ciencias Sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 50
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 20
 
Observacións avaliación

- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que fai uso da devandita exención, debe presentar os traballos individuais que se orienten ao resto do alumnado, así como un traballo final.

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.

2. Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase “Non presentado”.

3. A cualificación será
a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o
curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,
debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder
superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes