Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Subjects
  Research and Innovation Projects in Social Sciences
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental.

Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarmente, en caso de se estimar oportuno.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes