Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 A9 A10 A17 A18 A3 C1 C3 C5 C8 C1 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación da memoria de prácticas, atendendo ós seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva -
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Deseño da proposta didáctica e avaliación da súa posta en práctica.
-Reflexión sobre as competencias adquiridas e sobre as propias necesidades de formación.
50
Saídas de campo A1 A2 A5 C4 C7 C5 C8 C1 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula,conforme ós criterios que se específican na ficha de avaliación que se recolle no documento marco da memoría de prácticas 50
 
Observacións avaliación


REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes, a nota final será a  da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidades terá a ocasión de mellorala para a segunda. As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación.

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 
 
Na cualificación da memoria de prácticas  a utilización  do galego  e a súa calidade lingüística vai pode acadar até  1 punto . 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes