Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C3 Presentación e defensa
• Calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Selección e síntese da información
• Utilización de vocabulario profesional.
• Utilización da lingua galega con calidade lingüística
•Argumentación na defensa
15
Traballos tutelados A1 A3 A4 A8 A10 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 A26 A29 A30 A33 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade expositiva e organización da información
• Marxes, identificación das táboas, diferenciación tipográfica dos distintos apartados e subapartados.
• Pertinencia dos anexos

Fundamentación teórica e legal (30%)

• Suficiencia e profundidade do marco teórico
•Incorporación das achegas/temáticas abordadas nas materias do mestrado.
•Bibliografía actualizada e refrenciada conforme ás normas APA 6ª edición.
•Análise e valoración crítica das prescricións normativas e curriculares que aplicables a proposta
• Orixinalidade na presentación da temática

Proposta (40%)

• Contextualización (centro, alumnado, currícular)
• Nivel de concreción e formulación de obxectivos e contidos
• Nivel de concreción (desenvolvemento das actividades e coherencia coa propasta metodolóxica ...)
• Nivel de concreción da proposta de avaliación (construción de instrumentos, participación do alumnado, criterios de cualificación, avaliación da proposta...)
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Relación e coherencia coa fundamentación teórica e normativa

Valoración persoal e conclusións (10%)

• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• REflexión sobre as competencias adquiridas e os ámbitos de mellora profesional.
•Grao de integración dos coñecementos coseguidos nas distintas materias do mestrado

Utilización da lingua galega con calidade lingüística
Utilización da lingua inclusiva


85
 
Observacións avaliación

RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN

Os criterios de avaliación e cualificación detállanse nunha matriz de valoración que se pode consultar en moodle

UTILIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

A utilización da lingua galega coa calidade requirida no documento escrito e na presentación pode incrementar a cualificación até un punto.

REQUISITOS PARA PODER PARA PRESENTAR O TFM

O TFM só se pode presentar tendo a totalidade das materias do mestrado aprobadas.

CONVOCATORIAS/OPORTUNIDADES , TRIBUNAIS E DEFENSA

O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades. A primeira oportunidade é a principios de xullo e a segunda en setembro. No documento marco poden consultarse toda a información relativa ao procedemento e as datas. ESte documento está accesible na web da Facultade e en moodle.

Para a avaliación dos TFM tribunais formados por tres persoas titulares e unha ou dúas suplentes. Os membros dos tribunais son docentes do Mestrado, dous deles imparten as materias específicas do itinerario de FOL. A dirección do TFM non pode formar parte dos tribunais que xulguen os TFM do alumnado que titorizou.
Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. O tribunal formulará as preguntas,comentarios e suxestións que estime oportunas. Finalizadas todas as defensas dos TFM o tribunal publicará as cualificacións provisionais na aplicación do TFM na intranet da Facultade e indicará a data, hora e lugar para revisión.

UTILIZACIÓN DA LINGUAXE INCLUSIVA E DA CITACIÓN XUSTA
A linguaxe inclusiva é de uso obrigatorio. 

Co obxectivo de visibilizarmos as autoras nas
referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a  citación xusta, para a
que se poden consultar  as seguintes fontes: 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición. Plaxio O plaxio será motivo de suspenso. O artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC establece que " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" NORMAS PARA A AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes