Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A materia está configurada de forma que todos os contidos están colgados en moodle, o que facilita o paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual no caso de ser necesario. As clases poden desenvolverse tanto presencial como virtualmente a través da aplicación teams e o encerado virtual. Esta semipresencialidade virá dada polas instrucións que se reciban da facultade.

A atención personalizada está vinculada, principalmente, ós estudos de casos. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.
Esta atención personalizada realizarase preferentemente de forma virtual, a través de Teams, e excepcionalmente no despacho do profesorado

O horario de titorías estará colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, en moodle, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, e na páxina da Facultade de Ciencias da Educación.

No caso de que a situación o requira e así o determine o profesor, a atención poderá ser, en horario de titorías, vía: moodle, teams, correo electrónico, e excepcionalmente outras ferramentas que faciliten a atención ao alumnado.

O alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes