Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 40
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar 40
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 20
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
A asistencia presencial e/ou virtual é obrigatoria.
O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 20% de ausencias).

As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden ter unha ausencia superior ó 20%. Neste caso teñen dereito a unha modalidade de avaliación específica que contempla a supervisión e titorización individualizada. En todo caso, teñen que realizar as mesmas tarefas que o resto do alumnado.

O alumnado sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito de asistencia ó 80% das horas da materia terá que realizar as tres actividades requeridas para aprobar a materia. Para aprobar terá que aprobar as tres partes.



REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: portafolio do alumnado (4 puntos), estudo de casos (3 puntos) e proba de ensaio (3 puntos). Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades.

INTEGRIDADE ACADÉMICA PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será, atendendo ó que se establece na normativa sobre avaliación da UDC, motivo de suspenso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes