Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación profesional forma parte das funcións do profesorado da especialidade de FOL. A ausencia de formación neste campo na case totalidade do alumnado que accede ó itinerario de FOL explica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias que lle permitan comprender o alcance e importancia da orientación profesional, planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modifican 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican: Virtualízanse a través de Teams (vídeo-gravacións das sesións maxistrais e/o sesións síncronas, presentacións orais do traballo tutelado e aprendizaxe colaborativa). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Correo electrónico: para solicitar titorías en Teams (diariamente). Teams, para as titorías grupais obrigatorias e para as individuais a demanda (nos horario de titorias e no da materia). A finalidade das titorías obrigatorias é a supervisión e seguimento do traballo tutelado grupal. - En Moodle van dispo der dous foros. Un foro temático, asociado aos contidos da materia para resolver dúbidas e para desenvolver discusións dirixidas. O segundo foro céntrase nas dificultades e pautas para resolver os sub-retos do traballo tutelado. Diariamente. 4. Modificacións na avaliación Sen cambios *Observacións de avaliación: A presentación oral sería en Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica a biliografía básica está dixitalizada en moodle ou é accesible na rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes