Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes construídas na materia.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos que permiten profundizar en distintas temáticas e construír a fundamentación teórica dos traballos tutelados.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Sesión maxistral O método expositivo utilízase para presentar, explicar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental de afondamento.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Presentación oral Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia e un glosario de termos.
Prácticas a través de TIC Céntrase no deseño da contorna persoal de aprendizaxe e na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais. Estas actividades complétanse coas aportacións das materias do itinerario. O marcador social realízase en grupo e a contorna persoal de aprendizaxe individualmente. As competencias dixitais docentes que se abordan son nomeadamente da área de información.
Traballos tutelados Consiste na resolución dun reto a escoller entre catro: a) deseñao dunha proposta de aprendizaxe basada en proxectos b) curación de contidos para os distintos ámbitos de utilización das tecnoloxías dixitais e deseño da contorna persoal de aprendizaxe c) proposta didáctica para a integración do enfoque de xénero (no módulo de FOL ou na titoría da Formación Profesional Básica d) construción dunha webquest.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes