Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Sesión maxistral A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado.
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal.
Presentación oral Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos e na presentación presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo.
Traballos tutelados O traballo tutelado presenta as características e elementos da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado.
Traballos tutelados Consistirá en tres traballos individuais:

- Lectura e comentario sobre o Libro Mal de Escola de Daniel Pennac
- Elaboración dun catálogo de recursos cinematográficos para empregar como recurso didactico en FOL e EIE
- Deseño de dúas actividades de aula con dous dos recursos escollidos da selección realizada.
Solución de problemas Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos dos módulos da especialidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes