Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas a Formación Profesional, as materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.

Presentación oral As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e deberán expor a experiencia analizada por outro compañeira/o.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario.Na materia de Proxectos de innovación e investigación, amplíase o marcador social cos recursos dixitais localizados e seleccionados a través da análise de fontes documentais e da utilización das redes sociais e incorporánse novas fontes e recursos á contorna persoal de aprendizaxe. Con estas actividades están a traballarse as competencias dixitais docentes de tres áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)



Portafolios do alumno As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal que ha de presentarse nun artefacto dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte en grupo, resultado da posta en común das lecturas sobre o concepto de innovación e os seus ámbitos e sobre a valoración e conexión entre as experiencias analizadas. A estrutura do portafolio e as pautas para a parte grupal van ser presentadas o primeiro día de clase.
Sesión maxistral Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acotanse conceptos vencellados a innovación educativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes