Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas a Formación Profesional, as materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.

Presentación oral As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e as persoas do grupo deberán de expor a experiencia analizada por outra compañeira/o.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe é compartida coa materia de Inserción e orientación laboral. Con estas actividades o alumnado exercita competencias dixitais docentes de tres áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)



Portafolios do alumno As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte elaborada grupalmente sobre o concepto de innovación educativa.
Sesión maxistral Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acótanse conceptos relacionados coa innovación educativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes