Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A25 A26 C3 C6 C7 O produto da análise das fontes documentais é a elaboración dun informe no que se describen, analizan e valoran experiencias innovadoras e os recursos dixitiais e ferramentas incorporadas ó marcador social é a contorna persoal de aprendizaxe. O informe é de elaboración grupal e cada alumna/o ha de seleccionar e analizar dúas ou tres experiencias. A contribución individual será cualificada co 35% a través de procesos de autoavaliación e coavaliación. 70
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos.
10
Presentación oral A25 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir dunha rúbrica, previamente consensuada co alumnado. Esta rúbrica vai ser utilizada, coas adaptacións correspondentes, ás presentacións noutras materias do módulo específico.


20
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA ÁS AULAS 

  • A asistencia  ás aulas é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer  individualmente as actividades realizadas na aula.   
  • En caso de non acadar  a asistencia ó   80% das aulas,  a cualificación   na primeira oportundiade será a de non presentado/a.  Na oportunidade de xullo realizará  un exame (teórico e práctico) e   as actividades que se determinen. O exame ten un peso do  40% e as actividades do  60%. Para aprobar hai que superar  as dúas  partes. 
  • A cualificación  final será  o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que computan para a cualificación. Para superar a materia é  indispensábel  realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35)  na actividade de análise de fontes documentais.  
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica poden acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, antes do inicio da materia, debe de solicitarse unha titoría para establecermos as actividades de avaliación e o proceso de seguimento e supervisión.

INTEGRIDADE ACADÉMICA

A) Ausencia  de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

b) Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspeonso, en aplicación do artigo 14.4 danormativa académica de avaliación da UDC que establece:  “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes