Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos.
A presentación do cartafol a través dun artefacto dixital e a difusión das experiencias analizadas puntúan 10 puntos, 5 para cada unha.
20
Presentación oral A25 C1 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir dunha rúbrica, previamente consensuada co alumnado. Esta rúbrica vai ser utilizada, coas adaptacións correspondentes, ás presentacións noutras materias do módulo específico.


20
Portafolios do alumno A26 A25 C1 C6 C7 O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 40 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.

Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos

60
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA ÁS AULAS 

  • A asistencia  ás aulas é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer   e entregar  as actividades realizadas na aula.   
  • O alumnado con  matrícula a tempo parcial e dispensa académica realizará as mesmas actividades e  asistirá as titorías  de seguimento e supervisión que se fixen consensuadamente. 
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR

A cualificación  final será  o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que puntuan.  Para superar a materia é  indispensábel  realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35)  na actividade de análise de fontes documentais.  

INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia  de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

 Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC :  “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes