Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 0,75 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 0,75 puntos.
Os criterios de avaliación e cualificación para cada unha das tarefas recóllense en sendas matrices de valoración que se presentan o primeiro día de clase.
15
Presentación oral A25 C1 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir da valoración dos criterios recollidos nunha escala de valoración.
15
Portafolios do alumno A25 A26 C1 C6 C7 O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 40 puntos e a grupal 30. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.

Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos.
- Creación artefacto dixital para a difusión das experiencias, caracterización e valoración síntética das experiencias.
70
 
Observacións avaliación
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR
A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades, Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35) no portafolio.  
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación e sendo axente de avaliación a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación poden ser modificados.

SEGUNDA OPORTUNIDAE

Na segunda oportunidade  realizarán as  actividades non superadas ou non realizadas. 

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL E  DISPENSA ACADÉMICA

Para este alumnado  rixe o mesmo sistema de avaliación, coa excepción de que as actividades realízanse  individualmente.   


INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición.

Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC : “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes