Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 0,4 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 0,6 puntos.
Os criterios de avaliación e cualificación para cada unha das tarefas recóllense en sendas matrices de valoración que se presentan o primeiro día de clase.
10
Presentación oral A25 C1 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir da valoración dos criterios recollidos nunha escala de valoración.
10
Portafolios do alumno A25 A26 C1 C6 C7 O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 60 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.

Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos.
- Creación artefacto dixital para a difusión das experiencias, caracterización e valoración síntética das experiencias.

80
 
Observacións avaliación
CUALIFICACION GLOBAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR

A cualificación global
 será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades. Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación no portafolio.
No caso de que non se realicen as tres actividades que computan na avaliación a cualificación será a de non presentado.

Na segunda oportunidade, recúperase o portafolio e a práctica  a través das TIC, nesta última actividade, en caso de non  terse entregado na primeira oportunidade.  

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

O alumnado participa na co-avaliación das presentacións orais a través dunha escala de valoración consensuada previamente entre a profesora e o alumnado. 

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na UDC (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñer  en coñecemento da docente  a súa condición de ter dispensa académica  na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terán que realizar, individualmente, todas as tarefas  propostas ao longo do curso e entregalos nas datas fixadas pola docente. 


INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición. Co obxectivo de visibilizar as autoras utilizarase a citación xusta. 

Plaxio e fraude na realización de tarefas e  probas de avaliación

O plaxio e o fraude  nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC : “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes