Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta modalidade adóitase reservar a unha lección impartida polo profesor, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información.
Estudo de casos Presentación e descrición dunha situación específica que presenta un problema que debe ser identificado, recoñecido, comprendido e valorado polo/a alumno/a, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto que lle describe unha situación real da vida, e debe ser quen a analizar unha serie de feitos referentes a un campo particular. Os casos tratarán sobre os distintos trastornos que se poden presentar no desenvolvemento e aprendizaxe escolar. Os coñecementos necesarios para levar a cabo axeitadamente os estudos impartiranse previamente.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Proporase a realización de traballos de grupo, de carácter obrigatorio, en torno aos temas centrais da materia, e para o inicio da súa elaboración facilitarase un pequeno dossier a partir do cal o alumnado deberá ir afondando na materia obxecto de estudo. O resultado dese traballo exponse de maneira interactiva, utilizando a metodoloxía da presentación oral.
Lecturas Constitúen un conxunto de textos e temas que irán xurdindo a medida que se avanza na exposición e o desenvolvemento da materia, e que o alumnado poderá ler para proceder a unha recensión que lle permita afondar nos contidos de interese relacionados (directa ou transversalmente) coa materia.
Proba obxectiva Proba utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. É de aplicación tanto para a avaliación formativa como para a sumativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes