Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá Código 652608811
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Web
Descrición xeral Formación e reflexión sobre algúns aspectos complementarios, de carácter fundamental, que son importantes para o ensino da lingua galega e da lingua castelá.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen mudanzas 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, substituídas polo envío a cada estudante de materiais a través de medios telemáticos (e-mail, moodle) e/ou por explicación directa a través de Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican –Obradoiro: as actividades de Obradoiro pasan a se realizar por medios telemáticos (e-mail, moodle, Teams). –Traballo tutelado: mantense segundo a programación inicial (estrutura, extensión, data de entrega), mais as consultas co profesor realizaranse exclusivamente a través de medios telemáticos. –Proba mixta: o exame presencial será substituído por unha proba asíncrona que será enviada por correo electrónico ao/á estudante no día anterior á data oficial do exame para realizar na súa casa. Data e hora de entrega telemática: no día oficial do exame, dúas horas despois da hora marcada para o seu inicio. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, Moodle, Teams: cando for necesario contactarase persoal ou grupalmente cos estudantes para comunicación de instrucións, atendemento de cuestións e/ou exposición de contidos a través do envío de materiais diversos ou de explicación directa por medio de Teams. 4. Modificacións na avaliación –Traballo tutelado (70%): Traballo dirixido sobre unha cuestión da materia, con tema e bibliografía previamente concertados entre o profesorado e estudante(s). –Exame de coñecementos: Desenvolvemento de un tema de carácter teórico-práctico relacionado cos contidos da materia. *Observacións de avaliación: 1. Os resultados da avaliación serán comunicados de modo telemático a través do Moodle e/ou e-mail. 2. A revisión das cualificacións será feita telematicamente a través dos medios de atención ao alumnado antecitados: correo electrónico, Teams. 3. De ser o caso, calquera avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade. 4. Calquera estudante que non aprobar a proba mixta deberá repetila (presencial ou telematicamente, conforme as circunstancias). Se non aprobar o traballo tutelado, deberá repetilo corrixindo as deficiencias e incorporando as melloras indicadas polo profesorado (a data de entrega do traballo tutelado será a mesma que a fixada oficialmente para o exame). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen mudanzas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes