Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Código 652608822
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Cadeira que ten por obxectivo mostrar ao alumnado as diversas focaxes metodolóxicas existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Discusión dirixida (computa na avaliación). - Traballos tutelados, con atención personalizada (computa na avaliación). - Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: - Proba mixta. Non se realizará, xa que a súa función de avaliación dos coñecementos se incorpora á metodoloxía dos «Traballos tutelados». 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de «foros temáticos asociados aos módulos», para formular as consultas necesarias. Tamén hai «foros de actividade especifica» para desenvolver as «discusións dirixidas», a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. - Teams: - Unha sesión semanal en gran grupo para avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados; a sesión terá lugar na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade. - De unha a dúas sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación - Á hora de computar a asistencia, só se terán en conta as sesións que tivesen lugar antes da suspensión das actividades presenciais. 5. Modificacións da bibliografía e webgrafía. Arriquecerase cos contributos do profesor
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes