Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Subjects
  Teaching Methology, Syllabuses and School Organisation
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Establécese unha serie de documentos (textuais, audovisuais, etc.) de revisión obrigatoria (consúltense Fontes de Información) que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá estar en capacidade de realizar a súa análise en pequeno grupo e grupo-aula. Ditas lecturas terán como obxectivo promover e incentivar a reflexión en torno aos procesos educativos escolares e a súas implicacións prácticas e aplicadas no contexto do centro educativo e no contexto aula.

Student portfolio Durante o transcurso da materia proporanse algunhas actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado fóra da aula.
Para esta elaboración atenderase ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Tendo en conta que esta materia se vai impartir seguindo un modelo híbrido, existe a posibilidade de que estas actividades sexan titorizadas a través da aplicación Microsoft Teams.
Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente a través da plataforma Moodle.
O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que conteña unha análise crítica e reflexión global das devanditas actividades de aula, así como dos documentos obrigatorios e outros que o alumnado e a profesora consideren oportunos. As reflexións sobre os apartados que se integren deberán estar fundamentadas e argumentadas con base nos contidos da materia.
Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios e este desenvolverase fundamentalmente en períodos non presenciais e mediante o traballo autónomo do alumnado. A través da atención personalizada da profesora, os diferentes grupos recibirán indicacións concretas para a súa realización. O portafolios resultante será entregado na data que a profesora indique previamente a través da plataforma Moodle.
Mixed objective/subjective test A proba mixta constituirá unha actividade final a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións relacionadas coa totalidade de contidos tratados ao longo da materia.

Guest lecture / keynote speech Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. Tendo en conta que esta materia se vai impartir seguindo un modelo híbrido, existe a posibilidade de que estas sesións maxistrais sexan gravadas e postas a disposición do alumnado a través da Moodle da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes