Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal e outra ao traballo individual.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
70
Proba mixta A1 A5 A9 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. Esta proba mixta poderá verse concretada nunha proba tipo test en función das necesidades docentes ou do alumnado.
30
 
Observacións avaliación

  1. Nas presentacións orais ou
    escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión
    adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras
    persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.

  2. A asistencia ás sesións non
    poderá ser inferior ao 80% das horas que se impartan de maneira
    presencial, tendo en conta o modelo híbrido no que se circunscribe esta
    materia.  

  3. O alumnado con recoñecemento
    de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
    asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades
    e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e
    resolvelas de modo individual.

  4. Se un/unha alumno/a cuxa
    asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha
    actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta
    incorporarase tamén ao portafolios.

  5. O portafolios entregarase na
    data que se indique ao inicio do curso.

  6. Coa fin de facilitar a
    xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da
    segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma
    Moodle, insertando unha foto actual.

  7. Para superar a materia é
    necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das
    partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e
    "proba mixta").

  8. Dado que a materia é
    impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais
    no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de
    presentación de contidos.

  9. Na 2ª oportunidade os
    criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª
    oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes