Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A28 A32 A33 A34 A35 Cuestións formais (5%):
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (20%):
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre ter coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia ós contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (30%):
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ó marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións FM (25%):
As conclusións do traballo presentado deberán ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas. Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
Presentación oral A2 A12 A17 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A33 Presentación e defensa:
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntesis.
• Habilidade para responder na discusión.
15
 
Observacións avaliación

Para aprobar a
asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados. No caso
contrario non se fai media.

Como
consideración xeral, terase especialmente en conta  as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

En caso de que
a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No
caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de
medidas oportunas.

Farase especial
fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade
sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non
ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a
impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

 

Débese facer un
uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase
material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega
dos mesmos.