Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Recursos Tecnolóxicos para a Educación Musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A15 A16 A17 A19 A21 A22 A23 A25 A26 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Deberá entregarse a actividade proposta en calquera dos formatos dixitais estudados na materia, dependendo das especificidades contidas no proxecto global. Como é unha participación directa, valoraranse os seguintes aspectos:
1. Adecuación ao proxecto
2. Elección dos recursos e das ferramentas dixitais idóneas
3. Calidade na produción sonora
As modalidades poderán ser, entre outras:
· Arranxos musicais
· Musicación de textos literarios
· Composición de música incidental
· Foley
· Paisaxe sonora
Os traballos poderán ser entregados de forma individual ou colectiva.
20
Portafolios do alumno A15 A21 A23 A25 C2 C3 C6 C7
O portafolio será elaborado individualmente e recollerá as actividades realizadas durante o curso. O documento conterá texto, exemplos gráficos e arquivos de audio (mp3 ou MIDI), que serán entregados para a súa avaliación integramente en formato dixital.
Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Estrutura formal.
• Claridade nas formulacións.
• Calidade dos gráficos e os exemplos auditivos.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos propios da materia.
60
Obradoiro A16 A21 A22 A23 A25 A26 C2 C3 C4 C6 C7 Valorarase a participación individual ou colectiva nas distintas actividades que se indiquen. 20
 
Observacións avaliación
 

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.
No caso no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se o profesorado detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Normas específicas de avaliación para o alumnado con
recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E
MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social
do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira
semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días
desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terán que realizar, individualmente, todas as
actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas
establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada
considerarase non presentado.

3. A cualificación será a media ponderada das notas das
actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada
na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes
un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar
algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda
oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%.

Perspectiva de xénero

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)  

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes