Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: a Metodoloxía e Avaliación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A16 A17 A18 A19 A21 A24 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 25
Aprendizaxe colaborativa A20 A22 C8 C7 Trátase de implicarse non só no propio proceso educativo, sino tamén no dos compañeiros, logrando unha sinerxia que enriqueza a aprendizaxe colectiva. 25
Traballos tutelados A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C3 C4 C6 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación e á innovación educativa. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. 30
Presentación oral A28 C1 C2 C3 C4 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando expor conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media. A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado. Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, terá un peso do 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10. Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes