Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A24 A28 C6 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
40
Traballos tutelados A24 A28 A35 C1 C3 C4 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

A proposta do proxecto investigador terá un tamaño de 5-6 follas máximo, e será valorado tanto na súa presentación oral, como na súa forma escrita, atendendo a criterios relacionados coa calidade do traballo e o seu carácter innovador.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder).
No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
40
Presentación oral A28 C3 C4 C5 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
 
Observacións avaliación




REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA: 


o Asistir a clase. A
asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como
prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto
na entrada como na saída. 

o Asistir e participar en clase. A condición de
alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón
tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase. 

o Acadar o 50% da
calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia,
calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No
caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4
puntos. 

o Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado
durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de
entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha
calificación final de suspenso.

o Realizar as actividades propostas,
aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.o A convocatoria de
xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño. 


MODALIDADES DE AVALIACIÓN 

Tendo en conta a posible existencia de alumnado
que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de
asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o
réxime de adicación do alumnado:

o AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de
avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co
requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e
ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla
co réxime de asistencia): 

- Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do
proceso de aprendizaxe, a través da realización da proposta de proxecto de
investigación e a súa presentación oral, que será revisado pola profesora e
incorporado ao portafolio da asignatura, así como da avaliación final por
medio da proba mixta. 

- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a
permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de
2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a
dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide
será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación: (a) Terá que presentar a
proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación
final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade
da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de
entrega será a semana seguinte de finalizar as clases;  (b) Terá que realizar o
exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8
puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar
(é dicir, mínimo 4 punto). 

o AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación
aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de
asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto
investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial
(que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que: (a) Deberá aparecer como suspenso na 1ª convocatoria, cunha calificación de 4
puntos e terá que someterse á avaliación na 2ª convocatoria en xullo. (b) Non
contará coa opción de “avaliación continua” de xeito que terá que realizar o
exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 100% da nota final; é necesario
acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 5 punto). 

Os
traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos
que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de
plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non
discriminatorio.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes