Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A25 A26 A28 C8 Fundamentación teórica da Unidade Didáctica do deseño transversal do módulo específico.
- A entrega da actividade realizarase a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a implicación de cada un dos membros do grupo.
- O alumnado con dispensa académica realizará esta tarea de modo individual.
20
Traballos tutelados A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 Desenvolvemento escrito dunha Unidade Didáctica (deseño transversal do módulo específico).
- A entrega da actividade realizarase a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a implicación de cada un dos membros do grupo.
- O alumnado con dispensa académica realizará esta tarea de modo individual.
40
Aprendizaxe colaborativa A25 A26 A28 C1 C3 C4 Desempeño e colaboración individual durante a planificación da proposta de aprendizaxe e servicio.
- A avaliación será llevada a cabo a través de coevaluación e autoevaluación.
- O alumnado con dispensa académica realizará unha exposición do deseño transversal do módulo específico neste apartado.
25
Aprendizaxe servizo A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 C8 Desempeño e involucración persoal durante a posta en prática da aprendizaxe e servizo (ApS).
- A avaliación levarase a cabo a través dunha rúbrica.
- O alumnado con dispensa académica realizará unha exposición do deseño transversal do módulo específico neste apartado.
15
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada undos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media. A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado.Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, a avaliación será un 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.

Comoconsideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nostraballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así comounha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo númerode tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. No casono que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas deavaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas deavaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao emestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e autilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través dainternet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permisodo seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso naactividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás quepuidese haber lugar tras o correspondente procedemento". Nestamateria, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 nacualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académicapara a toma de medidas oportunas.

Faraseespecial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación esociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimirborradores.

Débesefacer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativossobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticosrelacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais eprofesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballosempregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais deplástico na entrega dos mesmos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dispensaacadémica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada considerarase non presentado.

3. A cualificación seráa media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes