Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Educación. sociedade e política educativa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Supón a utilización de distintos tipos de documentos e fontes relevantes para o estudio da materia que permitan proceder a realizar unha análise e unha posterior utilización na explicación dos procesos educativos e do tratamento dos distintos procesos sociais que arredor dela se desenvolven
Lecturas Propóñense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos xunto con unha documentación que o alumnado tera que ler en todos os casos, para proceder logo a recensionar aqueles que oportunamente se lles indicará
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos para avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión, a organización e comprensión de ideas relativas aos contidos da materia
Recensión bilbiográfica Proceso científico de lectura e anáiuse crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise de seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. No seu momento facilitaranse unhas pautas que permitirán a súa realización.
Sesión maxistral Faráse unha exposición oral dos temas da guía coa introducción dalgunhas preguntas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Referidos expresamente a elaboración dun traballo de iniciación na investigación educativa. O alumnado responsabilizarase do traballo e a súa posterior redacción seguindo unhas pautas que se lles irán indicando a través dun seguimento preciso e pautado. Estes traballos poden realizarse en pequeno grupo constituído por un máximo de seis membros.
Presentación oral Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando presentar, analizar e tirar conclusións sobre o problema investigado, o documento ou a experiencia abordada
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes