Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Educación. sociedade e política educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A6 A10 A14 C4 C6 C7 C8 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
Análise de fontes documentais A1 A5 A6 A10 C6 C8 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Recensión bilbiográfica A5 A6 A14 C6 C8 Comprende, ademais da lectura dunha obra, a análise do seu contido, unha crítica e posterior valoración da mesma. No seu momento achegarase unha guía para facilitar a súa realización. 20
Traballos tutelados A1 A5 A6 A8 A10 C3 C4 C7 C8 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. 30
Proba de ensaio A5 A6 A10 A11 C6 C8 Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia 30
 
Observacións avaliación

 A asistencia ás clases é obrigatoria. O límite de asistencia mínimo é do 80%. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a súa oportuna e axeitada consideración. O alumnado que exceda a porcentaxe de faltas non será avalidado e figurarána acta final como non presentado. As faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non excedan o 20% do total. Os traballos individuais, entre os que se considera a proba de ensaio terán un valor do 60% na nota final. Os traballos realizados en grupo un 40%. Para aprobar a materia é necesario ter superados positivamente (aprobados) os dous apartados. A proba de ensaio consistirá nunha pregunta aberta. Para a súa realización cada alumna ou alumno poderá empregar o material que considere máis oportuno. O valor deste exercicio sera de 3 puntos o que supón o 50% do total da nota dos traballos individuais, é dicir, un 30% da nota final. O tempo de duración da proba de ensaio será de unha hora en calquera das convocatorias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes