Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación.
Proba mixta Proba de avaliación de coñecemento que poderá integrar preguntas de ensaio (abertas ou de desenvolvemento) e preguntas de tipo obxectivo (selección múltiple, de resposta múltiple, discriminación, completar e/ou asociación).
Traballos tutelados Elaborarase un proxecto de investigación sobre unha temática suxerida polos/as estudantes e que estea no marco da titulación que están a cursar. Cada una das partes do traballo a realizar será abordada teóricamente nas sesións expositivas previamente a fin de que o traballo sirva para reforzar os contidos teóricos, e os contidos teóricos sexan un apoio para a elaboración do traballo práctico por parte do/da estudante.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado (en grupos de 4-6 persoas) e el docente interactúan dun modo ordenado onde, nun primeiro momento, o grupo expón dun xeito orixinal e innovador a súa proposta de investigación e, en segundo lugar, a docente poderá propoñer cuestións, solicitar aclaracións de aspectos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes