Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Avaliación e Intervención Psicopedagóxica
   Contidos
Temas Subtemas
MODULO 1. Desenvolvemento e aprendizaxe
1. Relacións e implicacións educativas desde as diferentes teorías psicolóxicas e evolutivas
Psicoloxía, desenvolvemento e educación. Teorías, relacións desenvolvemento e aprendizaxe mais destacables ao longo do coñecementos psicolóxico e implicacións para a educación. Desenvolvemento e aprendizaxe escolar.
2. Factores e explicacións actuais do desenvolvemento desde as recentes teorías evolutivas: Principais aportacións da psicoloxía do desenvolvemento para a práctica educativa escolar Teorías explicativas do desenvolvemento humán, carácter científico e aplicado do mesmo e factores implicados no desenvolvemento da persoa. Relacións entre Psicoloxía do desenvolvemento e a aprendizaxe escolar. Implicacións para a práctica educativa escolar
MODULO 2. O desenvolvemento cognitivo desde os 6 aos 12 anos.
3. O desenvolvemento intelectual ou cognitivo: A explicación evolutiva moderna, a explicacións dos estadios piageteanos e os períodos de crisis vygotskianos: o desenvolvemento do período operacional concreto
Teorías contemporáneas do desenvolvemento humán representativas para a educación escolar de hoxe en día. Os períodos de crisis evolutivas e a sua explicación. Os etadios piageteanos do desenvolvemento: o estadio operacional concreto: características, implicacións educativas e coñecementos relevantes para a educación
4. O desenvolvemento persoal e social dos 6 aos 12 meses: a vontade, a moralidade, o autoconcepto e a identidade pesoal. Autoconcepto, autoestima, construcción da personalidade e educación. O desenvolvemento do autoconcepto, estadios e características. O desenvolvemento da identidade humana e a sua explicación. O desenvolvemento moral, a construcción da conciencia moral e a vontade. Implicacións para a educación
5. O caracter de modificabilidade do desenvolvemento humán, a plasticidade cerebral e a sua estimulación e cambeo Plasticidade cerebral, modificabilidade cognitiva e a importancia da estimulación para o desenvolvemento. Aportacións actuais das teorías cognitivas e do desenvolvemento para a práctica educativa. A importancia da guía e mediación. O carácter modificable da intelixencia humana. A inexistencia de teitos no desenvolvemento. Capacidades e discapacidades e o seu desenvolvemento. A atención para o desenvolvemento, a sua importancia e os apoios. Desenvolvemento neurotípico e atípico
MODULO 3: O social e o individual do desenvolvemento: variables persoais e interpersoais.
6. A construcción de esquemas e estructuras de coñecemento

A importancia do factor social no desenvolvemento cultural. Os outros e a sua aportación ao desenvolvemento individual. A colectividade como factor do desenvolvemento. Os esquemas e estructuras de coñecemento: como se construien e se utilizan. A importancia da linguaxe no desenvolvemento cultural e social.

7. O desenvolvemento e a actividade humán: Acción, interacción e construcción do coñecemento.
A actividades exploratoria para o desenvolvemento. O valor instrumental da actividade humán para a construcción do coñecemento. Construcción e activación de esquemas. Interacción social e procesos cognitivos. Os iguais e a internalización do coñecemento. Actividade autoestructurante e relacións interpersoais. Aprender, construir e compartir

8. Educar para desenvolver ou desenvolver para educar: as controversias das relacións actuais para o desenvolvemento humán.
As concepcións para o desenvolvemento e a educación. O conflicto sociocognitivo, a zona de desenvolvemento próximo e o crecemento cognitivo e persoal. Desenvolvemento, cultura, educación e escolarización.
Función e motivo, acción e actividade, necesidade e atención. Desenvolvemento natural, social e cognitivo.
9. Crear e desenvolver persoas: o carácter indisoluble do desenvolvemento humán e a construcción de procesos psicolóxicos superiores. A igualdade e a diversidade no desenvolvemento O valor social das persoas. Cambeo e desenvolvemento. Contextos e situacións de capacidade e aprendizaxe. A vivencia coas dificultades e necesidades humáns. As experiencias de aprendizaxe na vida diaria. A importancia da coordinación de apoios e atención para o desenvolvemento. O cambeo cognitivo como consecuencia da escolarización.
Prácticas Versarán sobre os contidos teóricos e os problemas actuais en torno ao desenvolvemento e a educación, o crecemento e a sua estimulación, a formación das persoas e a construcción do coñecemento así como a o mundo social que queremos e que buscamos coas persoas que formamos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes