Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Psicopedagoxía
 Subjects
  Avaliación e Intervención Psicopedagóxica
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning Traballo realizado en pequenos grupos que consiste na realización de actividades a facer maioritariamente na aula para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 15
Supervised projects Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de primaria e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 25
Objective test Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia, a través de preguntas de resposta breve e múltiple. 25
Document analysis Traballo en grupos para elaborar informes de casos psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas a alumnado de 6-12 anos. 15
Long answer / essay questions Será unha proba escrita individual a desenvolver sobre un suposto teórico con todo o material que o alumno/a considere oportuno. Realizarase ao remate do ciclo formativo e versará sobre os coñecementos da asignatura 20
 
Assessment comments
Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na aprendizaxe colaborativa (máx. 4) e na proba de ensaio (máx. 6) constitúe a cualificación dos coñecementos teóricos.
O sumatorio das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e estudo de fontes (máx. 10) constitúe a cualificación dos coñecementos prácticos.
A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE NA AULA (< 85%)
A avaliación farase en función da media entre a cualificación obtida na proba obxectiva (máx. 8) e o sumatorio dos traballos tutelados e estudo de casos (máx. 10) (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).

Opción C. ALUMNADO DE OUTRAS CONVOCATORIAS
A avaliación farase en función da media entre a cualificación obtida na proba obxectiva (máx. 10) e o sumatorio dos traballos tutelados e estudo de casos (máx. 10) (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).

NOTAS.
1. No caso de terse aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos).
2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes