Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Psicoloxía da Educación
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Realizar tarefas de orientación educativa, persoal e profesional dos alumnos.
A2 Promover a inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais.
A3 Detectar e diagnosticar os problemas de aprendizaxe que se presentan no ambiente escolarizado e non escolarizado.
A5 Comprender os modelos teóricos da psicoloxía educativa e da pedagoxía contemporáneas.
A10 Avaliar programas, proxectos, servizos e políticas dirixidos ao desenvolvemento persoal, profesional e institucional.
A11 Asesorar o profesorado na adaptación do currículo ás necesidades do alumnado.
A12 Organizar e apoiar programas de axuda a persoas ou colectivos excluídos ou en risco de exclusión.
A14 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación aplicados aos diferentes campos e aspectos da intervención educativa.
A17 Aplicar técnicas e instrumentos de diagnóstico, de identificación e de avaliación de necesidades e de capacidades das persoas, grupos ou institucións.
A19 Organizar e xestionar accións, programas e servizos orientados á promoción da calidade.
A21 Potenciar a utilización de estratexias favorecedoras do ensino cooperativo.
A23 Fomentar a investigación-acción nos centros educativos.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Aprender a aprender.
B6 Preocupación pola calidade.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B11 Rigor profesional.
B12 Apertura á formación continua.
B13 Creatividade.
B14 Sensibilización sobre a diversidade cultural.
B15 Capacidade de crítica e autocrítica.
B16 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B17 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B18 Apertura á innovación psicopedagóxica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes