Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Psicopedagoxía
 Study programme competences


Type A Code Study programme competences Specific
  A1 Realizar tarefas de orientación educativa, persoal e profesional dos alumnos.
  A2 Promover a inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais.
  A3 Detectar e diagnosticar os problemas de aprendizaxe que se presentan no ambiente escolarizado e non escolarizado.
  A4 Asesorar os centros, os profesionais, as familias e as institucións co fin de axudar a resolver problemas educativos.
  A5 Comprender os modelos teóricos da psicoloxía educativa e da pedagoxía contemporáneas.
  A6 Comprender os factores que permitan a mellora dos procesos educativos.
  A7 Coordinar e incentivar a acción titorial do profesorado.
  A8 Coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos.
  A9 Orientar sobre os materiais didácticos e recursos educativos favorecedores da atención á diversidade.
  A10 Avaliar programas, proxectos, servizos e políticas dirixidos ao desenvolvemento persoal, profesional e institucional.
  A11 Asesorar o profesorado na adaptación do currículo ás necesidades do alumnado.
  A12 Organizar e apoiar programas de axuda a persoas ou colectivos excluídos ou en risco de exclusión.
  A13 Diagnosticar as diferentes dimensións, áreas e ámbitos de intervención psicopedagóxica.
  A14 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación aplicados aos diferentes campos e aspectos da intervención educativa.
  A15 Colaborar no deseño, na aplicación e na avaliación de auditorías de calidade nos procesos educativos.
  A16 Planificar accións, programas e servizos de intervención para a mellora das persoas, dos grupos e das organizacións.
  A17 Aplicar técnicas e instrumentos de diagnóstico, de identificación e de avaliación de necesidades e de capacidades das persoas, grupos ou institucións.
  A18 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención e de investigación sobre a incidencia e os efectos psicopedagóxicos da introdución de determinados medios, materiais e tecnoloxías no ensino.
  A19 Organizar e xestionar accións, programas e servizos orientados á promoción da calidade.
  A20 Comprender a xenealoxía e o significado dos sistemas educativos e a súa configuración actual.
  A21 Potenciar a utilización de estratexias favorecedoras do ensino cooperativo.
  A22 Coñecer as políticas e a lexislación que regulan o funcionamento das institucións escolares.
  A23 Fomentar a investigación-acción nos centros educativos.
  A24 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental.
  A25 Desenvolver aptitudes e competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais.
Type B Code Study programme competences Basic / General
  B1 Capacidade de análise e síntese.
  B2 Aprender a aprender.
  B3 Capacidade de resolución de problemas.
  B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica.
  B5 Capacidade de adaptación a situacións novas.
  B6 Preocupación pola calidade.
  B7 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas.
  B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
  B9 Traballar de forma colaborativa.
  B10 Capacidade de organización e planificación.
  B11 Rigor profesional.
  B12 Apertura á formación continua.
  B13 Creatividade.
  B14 Sensibilización sobre a diversidade cultural.
  B15 Capacidade de crítica e autocrítica.
  B16 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B17 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
  B18 Apertura á innovación psicopedagóxica.
Type C Code Study programme competences Transversal / Nuclear
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes