Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Educación Social
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Comprender a xenealoxía dos procesos históricos de consolidación da profesión e da intervención socioeducativa.
  A2 Coñecer, analizar e valorar o marco da Educación Social e os modelos de carácter trasnacional, os desenvolvidos noutros países, especialmente no contexto europeo e iberoamericano.
  A3 Comprender os supostos e os fundamentos teóricos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
  A4 Coñecer as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
  A5 Coñecer os estadios evolutivos da persoa, e comprender as súas implicacións educativas.
  A6 Coñecer os aspectos fundamentais da conduta social e as principais teorías.
  A7 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos socioeducativos.
  A8 Coñecer as características dos contornos de intervención do/a educador/a social, da súa evolución e prospectiva, así como da súa configuración e regulamentación a través de institucións profesionais.
  A9 Comprender os supostos pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos que están na base dos procesos de acción socioeducativa.
  A10 Comprender os fundamentos do deseño e uso dos medios e recursos para a acción socioeducativa.
  A11 Saber utilizar os procedementos e as técnicas psicosociopedagóxicas para a análise da realidade persoal, familiar e social.
  A12 Coordinar, asesorar e dinamizar equipos profesionais e colectivos participantes nos procesos de implicación e participación sociocomunitaria.
  A13 Desenvolver unha capacidade de mediación e de resolución de conflitos en contextos familiares e sociais.
  A14 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inserción social e laboral de persoas e colectivos.
  A15 Deseñar e desenvolver proxectos, programas, servizos e accións nos diversos ámbitos de traballo socioeducativo.
  A16 Planificar procesos de avaliación e avaliar a calidade de proxectos, programas, servizos e accións nos ámbitos de traballo socioeducativo.
  A17 Coñecer e utilizar as principais técnicas de acción socioeducativa e comunitaria (dinámica de grupos, negociación, motivación, asertividade...).
  A18 Coñecer, integrar e articular os recursos sociais, institucionais persoais para levar a cabo o traballo nun determinado ámbito de acción.
  A19 Elaborar e xestionar medios e recursos para a acción socioeducativa.
  A20 Colaborar e asesorar na elaboración de programas socioeducativos nos medios e redes de comunicación e información.
  A21 Coñecer, utilizar e avaliar as TIC con fins formativos.
  A22 Realizar accións formativas e profesionais conformes cos principios éticos que se relacionan coa xustiza social, e desde o compromiso moral que representa a Declaración universal dos dereitos humanos.
  A23 Amosar unha actitude empática, respectuosa, solidaria e de confianza cara ás persoas e ás institucións de educación social.
  A24 Coñecer e deseñar propostas de intervención educativa para a sociedade multicultural.
  A25 Desenvolver unha disposición, aptitude e competencia lingüística que favoreza o traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
  A26 Deseñar e levar a cabo proxectos de invesigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención profesional.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Coñecer, e saber utilizar as fontes de información.
  B2 Analizar, sintetizar e valorar criticamente a información.
  B3 Saber presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
  B4 Coñecer as contribucións das TIC e ser quen de utilizalas no estudo e nas tarefas profesionais.
  B5 Planificar e organizar a aprendizaxe con iniciativa, responsabilidade e de xeito autónomo.
  B6 Comunicarse oralmente e por escrito nas linguas oficiais.
  B7 Coñecer e comunicarse en linguas estranxeiras.
  B8 Ser capaz de resolver problemas e tomar decisións.
  B9 Capacidade crítica e autocrítica.
  B10 Ser capaz de se relacionar positivamente con outras persoas.
  B11 Recoñecer e respectar a diversidade e a multiculturalidade.
  B12 Ser capaz de cuestionar a propia escala de valores e comprender as responsabilidade éticas, profesionais e sociais da profesión.
  B13 Ser quen de detectar as propias necesidades de aprendizaxe e formación.
  B14 Recoñecer á necesidade e importancia de implicarse nunha aprendizaxe ao longo da vida.
  B15 Comprometerse na autoavaliación e na mellora do propio desenvolvemento profesional.
  B16 Ser tolerante para enfrontarse a situacións cambiantes.
  B17 Ser capaz de actuar con creatividade, incorporando perspectivas diferentes e ofrecendo novas solucións aos problemas.
  B18 Ser quen de actuar con iniciativa, autonomía e creatividade, incorporando perspectivas diferentes e ofrecendo novas solucións aos problemas.
  B19 Saber traballar en equipo de xeito colaborativo.
  B20 Ser quen de integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
  B21 Capacidade de influenza sobre persoas e/ou grupos, anticipándose ao futuro e contribuíndo ao seu desenvolvemento persoal, social e profesional.
  B22 Ser capaz de entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e resultados.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes