Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Logopedia
 Asignaturas
  Intervención Logopédica nas Alteracións da Linguaxe
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer a anatomía e a fisioloxía dos órganos da fala, da audición, da voz e da deglutición.
A2 Coñecer a neuroloxía e neuropsicoloxía da linguaxe.
A3 Coñecer as diferentes etapas evolutivas do ser humano.
A4 Coñecer o desenvolvemento e o uso da linguaxe e doutros sistemas comunicativos.
A5 Coñecer os trastornos da comunicación: linguaxe, fala, audición, voz e as funcións orais non verbais.
A7 Coñecer a dimensión psicosocial da comunicación.
A10 Coñecer os principios , as funcións e os procedementos da intervención logopédica.
A11 Coñecer os fundamentos educativos e da aprendizaxe que dan soporte ás técnicas de intervención logopédica.
A12 Coñecer os fundamentos lingüísticos que dan soporte ás técnicas de intervención logopédica.
A13 Coñecer os procesos psicolingüísticos e outros procesos psicolóxicos básicos que dan soporte ás técnicas de intervención logopédica.
A14 Coñecer as técnicas e os instrumentos de avaliación e diagnóstico en logopedia.
A15 Deseñar, implementar e avaliar accións de prevención dos trastornos da comunicación: linguaxe, fala, audición, voz e as funcións orais non verbais.
A16 Explorar, avaliar e diagnosticar, no seu caso, os trastornos da comunicación e establecer un prognóstico.
A17 Participar no proceso de avaliación e de diagnóstico pluridisciplinar de trastornos que afectan á comunicación.
A18 Usar as técnicas e os instrumentos de exploración propios da profesión e rexistrar, sintetizar e interpretar os datos contribuídos e integralos no conxunto da información.
A19 Dominar a terminoloxía que lles permita interactuar eficazmente con outros profesionais.
A20 Coñecer os límites das súas competencias e saber identificar cándo é necesario un tratamento interdisciplinar.
A21 Coñecer, seleccionar, facilitar e intervir con sistemas alternativos e aumentativos da comunicación adaptados as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos seus pacientes, así como o deseño e o uso de prótese e axudas.
A22 Adaptar a súa actuación ás diferentes etapas evolutivas do individuo e as características físicas, psicolóxicas e sociais.
A23 Establecer os obxectivos e as etapas dos tratamentos que aplica.
A24 Explicar e argumentar o tratamento seleccionado.
A25 Aplicar os tratamentos logopédicos cos métodos, coas técnicas e cos recursos mais eficaces e adecuados.
A26 Avaliar a propia intervención profesional para optimizala.
A27 Asesorar as familias e o contorno social das persoas usuarias, favorecendo a súa participación e a súa colaboración no tratamento logopédico.
A29 Elaborar informes de exploración e de diagnóstico, de seguimento, de finalización e de derivación.
A30 Ser capaz de traballar no contorno escolar, asistencial e sanitario.
A35 Redactar de forma apropiada informes e outros documentos profesionais.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B10 Capacidade de tomar decisións, asumindo a responsabilidade.
B11 Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinaria.
B12 Ter compromiso ético.
B13 Ser creativo no exercicio da profesión.
B16 Capacidade de organizar e planificar.
B18 Resolver problemas.
B19 Razoar de forma crítica.
B20 Capacidade de análise e síntese.
B21 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B22 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes