Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Logopedia
 Study programme competences


Type A Code Study programme competences Specific
  A1 Coñecer a anatomía e a fisioloxía dos órganos da fala, da audición, da voz e da deglutición.
  A2 Coñecer a neuroloxía e neuropsicoloxía da linguaxe.
  A3 Coñecer as diferentes etapas evolutivas do ser humano.
  A4 Coñecer o desenvolvemento e o uso da linguaxe e doutros sistemas comunicativos.
  A5 Coñecer os trastornos da comunicación: linguaxe, fala, audición, voz e as funcións orais non verbais.
  A6 Coñecer as bases da física acústica.
  A7 Coñecer a dimensión psicosocial da comunicación.
  A8 Coñecer a terminoloxía propia do método científico.
  A9 Coñecer a profesión e o estatus legal do/a logopeda.
  A10 Coñecer os principios , as funcións e os procedementos da intervención logopédica.
  A11 Coñecer os fundamentos educativos e da aprendizaxe que dan soporte ás técnicas de intervención logopédica.
  A12 Coñecer os fundamentos lingüísticos que dan soporte ás técnicas de intervención logopédica.
  A13 Coñecer os procesos psicolingüísticos e outros procesos psicolóxicos básicos que dan soporte ás técnicas de intervención logopédica.
  A14 Coñecer as técnicas e os instrumentos de avaliación e diagnóstico en logopedia.
  A15 Deseñar, implementar e avaliar accións de prevención dos trastornos da comunicación: linguaxe, fala, audición, voz e as funcións orais non verbais.
  A16 Explorar, avaliar e diagnosticar, no seu caso, os trastornos da comunicación e establecer un prognóstico.
  A17 Participar no proceso de avaliación e de diagnóstico pluridisciplinar de trastornos que afectan á comunicación.
  A18 Usar as técnicas e os instrumentos de exploración propios da profesión e rexistrar, sintetizar e interpretar os datos contribuídos e integralos no conxunto da información.
  A19 Dominar a terminoloxía que lles permita interactuar eficazmente con outros profesionais.
  A20 Coñecer os límites das súas competencias e saber identificar cándo é necesario un tratamento interdisciplinar.
  A21 Coñecer, seleccionar, facilitar e intervir con sistemas alternativos e aumentativos da comunicación adaptados as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos seus pacientes, así como o deseño e o uso de prótese e axudas.
  A22 Adaptar a súa actuación ás diferentes etapas evolutivas do individuo e as características físicas, psicolóxicas e sociais.
  A23 Establecer os obxectivos e as etapas dos tratamentos que aplica.
  A24 Explicar e argumentar o tratamento seleccionado.
  A25 Aplicar os tratamentos logopédicos cos métodos, coas técnicas e cos recursos mais eficaces e adecuados.
  A26 Avaliar a propia intervención profesional para optimizala.
  A27 Asesorar as familias e o contorno social das persoas usuarias, favorecendo a súa participación e a súa colaboración no tratamento logopédico.
  A28 Comunicar de xeito oral e escrito as súas observacións e conclusións ao paciente, aos seus familiares e ao resto de profesionais que interveñen na súa atención, adaptándose ás características do contorno.
  A29 Elaborar informes de exploración e de diagnóstico, de seguimento, de finalización e de derivación.
  A30 Ser capaz de traballar no contorno escolar, asistencial e sanitario.
  A31 Coñecer e asesorar na elaboración e na execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa Logopedia.
  A32 Mellorar as habilidades comunicativas na poboación xeral.
  A33 Comprender, valorar e incorporar á praxe profesional as producións científicas que sustentan o desenvolvemento profesional do/a logopeda.
  A34 Presentar unha adecuada produción da fala, unha estructuración da linguaxe e unha calidade da voz.
  A35 Redactar de forma apropiada informes e outros documentos profesionais.
  A36 Comunicarse correctamente nas linguas oficiais propias da comunidade autónoma en que exerza a profesión.
Type B Code Study programme competences Basic / General
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
  B9 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
  B10 Capacidade de tomar decisións, asumindo a responsabilidade.
  B11 Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinaria.
  B12 Ter compromiso ético.
  B13 Ser creativo no exercicio da profesión.
  B14 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
  B15 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
  B16 Capacidade de organizar e planificar.
  B17 Capacidade de se adaptar aos cambios.
  B18 Resolver problemas.
  B19 Razoar de forma crítica.
  B20 Capacidade de análise e síntese.
  B21 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
  B22 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
  B23 Ter iniciativa e espírito emprendedor.
  B24 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
  B25 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
  B26 Saber expresarse en público.
  B27 Pór en valor a súa profesión no contorno en que se desenvolve o seu traballo.
  B28 Adoptar unha actitude positiva e paciente.
Type C Code Study programme competences Transversal / Nuclear
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes